04 · Itinerario · 27 de setembro

Senda e Fraga do Xarío

Fraga fluvial · muíños · restauración ambiental

Senda e Fraga do Xarío – vista principal

A Senda e Fraga do Xarío permite achegarse a unha contorna fluvial de gran interese ambiental, marcada pola presenza do río, o bosque de ribeira, os muíños tradicionais e a vexetación propia da fraga. O percorrido amosa como unha intervención de baixo impacto pode mellorar a accesibilidade, poñer en valor o patrimonio e reforzar a lectura ecolóxica dun espazo natural.

A visita permitirá explicar a restauración do ámbito, o uso de materiais integrados na paisaxe, a recuperación de camiños existentes e a importancia dos corredores fluviais como espazos de biodiversidade e benestar.

Que imos observar?

  • Bosque de ribeira e especies autóctonas
  • Muíños e patrimonio hidráulico tradicional
  • Solucións de pavimento e pasarelas de madeira
  • Restauración ambiental e control de especies invasoras

Datos básicos do percorrido

Data
Domingo 27 de setembro
Hora
10:30 h (prégase puntualidade)
Duración estimada
2 horas
Punto de encontro
Intersección da avenida de Xarío co Camiño Inglés (rotonda xunto ao campo de golf)
Prazas
18 persoas (por rigorosa orde de inscrición)
Inscricións
Do luns 14 ao xoves 24 de setembro · 9:00–14:30 h

Info adicional: As persoas que non queiran regresar camiñando ao punto de saída poden valorar deixar previamente un vehículo no aparcadoiro máis próximo á Fraga do Xarío, punto final do percorrido.

Internarse na fraga é escoitar o río, recoñecer a pedra dos muíños e sentir a humidade do bosque de ribeira.