Banco baixo a copa dunha árbore mirando á ría de Miño ao solpor.
Concello de Miño · Paisaxea
Miño a través dos sentidos

Percorridos paisaxísticos polas sendas do municipio

Actividade divulgativa apoiada polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia. Catro visitas guiadas para descubrir a paisaxe, o patrimonio e o deseño das sendas municipais de Miño.

Unha lectura sensorial e cultural da paisaxe de Miño

Miño a través dos sentidos é unha proposta divulgativa de percorridos paisaxísticos guiados polas sendas municipais de Miño. A actividade permite descubrir os valores ambientais, culturais e de deseño destes espazos a través da experiencia directa, da interpretación da paisaxe e da mirada dos técnicos que traballaron no seu desenvolvemento.

Cada percorrido ofrece unha lectura sensorial e cultural da paisaxe, conectando natureza, patrimonio e proxecto.

  • Catro percorridos paisaxísticos guiados polos técnicos que traballaron no deseño das sendas.
  • Duración aproximada da visita: 2 horas.
  • Grupos reducidos: 15 a 20 persoas.
  • Actividade apoiada polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia.