03 · Itinerario · 20 de setembro
Senda das Marismas do Baxoi
Marisma · pasarela de madeira · paisaxe aberta

A Senda das Marismas do Baxoi permite interpretar un dos espazos húmidos máis singulares do municipio, onde a vexetación de ribeira, a marisma e a influencia litoral xeran unha paisaxe cambiante e de gran valor ecolóxico. A experiencia do percorrido está marcada pola presenza da auga, a vexetación, as aves e os cambios de luz sobre a zona húmida.
Durante a visita explicarase a importancia das zonas húmidas como espazos de biodiversidade, regulación ambiental e educación paisaxística, así como os criterios empregados para facilitar o uso público sen comprometer a sensibilidade do ecosistema.
Que imos observar?
- Paisaxe de marisma e zonas húmidas
- Pasarelas de madeira e integración no medio
- Vexetación asociada á auga
- Aves, sons e percepción da paisaxe aberta
Datos básicos do percorrido
- Data
- Domingo 20 de setembro
- Hora
- 10:30 h (prégase puntualidade)
- Duración estimada
- 2 horas
- Punto de encontro
- EDAR de Ponte Baxoi, ao carón da ponte medieval do Baxoi
- Como chegar
- Ver ubicación en Google Maps ↗
- Prazas
- 18 persoas (por rigorosa orde de inscrición)
- Inscricións
- Do luns 7 ao xoves 17 de setembro · 9:00–14:30 h
Sobre a pasarela, a marisma respira: a auga, o vento e o canto das aves marcan o ritmo do percorrido.
