01 · Itinerario · 23 de agosto
Senda dos Sentidos
Senda litoral · percepción sensorial · miradoiros á ría

A Senda dos Sentidos percorre o bordo litoral de Miño nun espazo de alto valor ambiental, conectando a contorna da Praia da Ribeira coa Ponte do Porco. O seu trazado permite descubrir unha paisaxe de contrastes: tramos baixo a protección da vexetación, pequenas aperturas cara á ría, miradoiros naturais e espazos nos que o son, a luz, os aromas e as texturas da paisaxe cobran protagonismo.
Durante a visita explicarase como o deseño da senda procurou compatibilizar o uso público responsable coa conservación da biodiversidade, respectando camiños existentes, bordos vexetais e masas de vexetación autóctona.
Que imos observar?
- Miradoiros naturais cara á ría
- Vexetación autóctona e efecto de bordo ecolóxico
- Aromas, sons, texturas e cambios de luz
- Criterios de integración paisaxística e uso público responsable
Datos básicos do percorrido
- Data
- Domingo 23 de agosto
- Hora
- 10:30 h (prégase puntualidade)
- Duración estimada
- 2 horas
- Punto de encontro
- Monumento de Ponte do Porco
- Como chegar
- Ver ubicación en Google Maps ↗
- Prazas
- 18 persoas (por rigorosa orde de inscrición)
- Inscricións
- Do luns 10 ao xoves 20 de agosto · 9:00–14:30 h
Camiñar atentos á luz que se filtra entre as ramas, ao son da ría e ao perfume húmido do litoral.
